Web sin Samos gl - Home
dammann - Home

Do 26 de xuño ao 3 de xullo de 2021, celebrarase o primeiro Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra organizado pola Asociación de Guitarra de Monforte de Lemos.

O Festival nace co obxectivo de ser referencia no mundo da guitarra clásica e instrumentos antigos relacionados. Nesta primeira edición contaremos coa presenza de David Russell, Manuel Barrueco, Paul O’Dette, Jean Rondeau, Thomas Dunford, Lorenzo Micheli e Matteo Mela (SoloDuo), Andrea Roberto, Andrea González Caballero e Marcos Díaz.

Un cartel de auténtico luxo para o verán cultural da Ribeira Sacra que completará o rico panorama musical que ofrecen outros festivais na zona.

Convidámosvos a acompañarnos nesta preciosa viaxe que comezará o día 26 de xuño en Monforte de Lemos.

Artistas

Ribeira Sacra

Podería definirse Ribeira Sacra coma un dos segredos mellor gardados da Galicia interior. Integran este destino un conxunto de vinteún concellos do sur da provincia de Lugo e o norte da provincia de Ourense, co curso fluvial dos ríos Miño, Sil e Cabe como elemento aglutinador.

A Ribeira Sacra ofrece unha ampla variedade de experiencias lúdicas e gastronómicas, e unha ampla gama de produtos locais de altísima calidade distinguidos con marcas de garantía da súa orixe.

Entrambosrios 1 - Home
Entrambosrios 3 - Home
SantiagodeCastillon 1 - Home
SantaCristina 3 1 - Home

Ladeiras escarpadas e bosques espesos atraen á Ribeira Sacra a comunidades monásticas, desde os comezos do cristianismo, en busca do retiro e vida ascética. Introducen novas técnicas de cultivo e elaboración de viño e inician unha gran expansión de civilización monásticas ao longo das beiras do Sil e do Miño, deixando pegadas patrimoniais ata hoxe.

Ao esplendor dos mosteiros únese o Camiño de Santiago, ao seu amparo fóronse estendendo as viñas e o viño comezou a cobrar unha importancia vital.

Hoxe en día a Ribeira Sacra atrae a miles de visitantes polo seu patrimonio, a súa gastronomía e os seus excelentes viños en busca do sabor da paisaxe.

web2 1 - Home

A maior parte das espectaculares fotos da Ribeira Sacra que utilizamos para a elaboración da web e de todo o material promocional que estamos a preparar son obra de Miguel Iglesias.

https://www.flickr.com/photos/miki_iglesias

https://www.instagram.com/amiek.iglesias

Así mesmo, as impresionantes fotografías aéreas do canón do Sil e de Monforte de Lemos son de Hugo Fernández Balseiro:

www.hugofernandezbalseiro.com

A organización do Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra quere agradecer a ambos a súa xenerosidade por ceder as súas imaxes e convídavos a que pasédesvos polas súas redes sociais para ver o seu gran traballo.

 

Sin titulo 1 - Home
c.m.l 660x382 1 - Home
sponsors - Home