Martes, 29 de Xuño, 2021     20:30

Igrexa de San Vicente do Pino

Monforte de Lemos

Prezo:  15€

https://www.eventbrite.es/e/entradas-concierto-de-andrea-gonzalez-caballero-143668754111

Andrea González Caballero

andrea caballero - Andrea González Caballero

Cualificada pola revista Opera World como “A voz feminina da guitarra española”, Andrea González Caballero destaca polo seu carácter e sensibilidade interpretativa. Foi galardoada co primeiro Premio no XIII Concurso Internacional de Guitarra Alhambra, sendo a intérprete máis nova en conseguilo. Dentro dos numerosos premios internacionais que obtivo destacan ademais o Primeiro Premio no XL Concurso Internacional F. Sor (Roma) ou o Premio Honorífico David Russell para novos talentos.

No ano 2017 debuta no continente asiático ofrecendo unha xira de concertos en China, onde obtivo excelentes críticas. Na súa crecente carreira como solista foi convidada a actuar en países de América, Asia e Europa por exemplo: Estados Unidos, China, Cuba, México, Hungría, Italia, Reino Unido, Portugal, España e Alemaña onde tocou como solista coa orquestra “ Sinfonietta Ratingen” no teatro Robert Schumann Saal de Düsseldorf e a orquestra Neue Philaharmonie Westfalen No que respecta ao ámbito nacional, cabe destacar que ofreceu concertos en lugares tan relevantes como o Auditorio Nacional de Madrid, Palau da Música de Barcelona ou Fundación Juan March entre outros. Elixida pola “ International Guitar Foundation” de Londres no ano 2016 debuta en Reino Unido ofrecendo concertos en salas como King’ s Cross de Londres ou Sage Gateshead de Newcastle.

Ao longo dos seus estudos, Andrea obtivo o apoio de entidades como a Fundación Alexander von Humboldt, DAAD (Servizo Alemán de Intercambio Académico), AIE (Sociedade de Artista Intérpretes ou Executantes de España) ou Deputación Foral de Guipúscoa o que lle permitiu no ano 2016 graduarse coa máxima cualificación no conservatorio superior de música Robert Schumann de Düsseldorf, Alemaña, dentro da clase do mestre Joaquín Clerch.

Entre os seus proxectos máis destacados de 2017 atópase a publicación do seu novo CD gravado para a compañía Internacional Naxos, Nel combina novas composicións entre as que destaca a unha obra dedicada a Andrea por J. Clerch e algunhas das obras máis importantes para guitarra da man de compositores como I.Albéniz, F. Tárrega ou B. Britten.

Actualmente estuda un “ Graduate Performance Diploma” na Universidade Johns Hopkins Instituto Peabody (EEUU), co mestre Manuel Barrueco.

 

https://andreagonzalezcaballero.com/

Programa

A determinar