Sábado, 26 de xuño, 2021     20:30

Auditorio – Edificio Multiusos

Monforte de Lemos

Prezo:

David Russell

david - David Russell

Gañador dun GRAMMY polo seu CD AIRE LATINO na categoría de mellor solista instrumental en música clásica.

Doutor Honoris Causa pola Universidade de Arizona en Tucson en 2014.

Foi ingresado no Salón da Fama do Guitar Foundation of América en 2018.

O guitarrista clásico David Russell é mundialmente recoñecido pola súa magnífica mestría musical e a súa inspirada habilidade artística, gañando os máis altos eloxios de crítica e público. Como recoñecemento ao seu gran talento e á súa carreira internacional, en 1997 foi nomeado Membro da “Royal Academy of Music” de Londres.

En maio de 2003 foi nomeado “fillo adoptivo” de Es Migjorn, o pobo de Menorca onde pasou a súa infancia. Posteriormente, o pobo deu o seu nome a unha rúa, ” Avinguda David Russell”.

En outubro de 2003 foille outorgada a “medalla de honra” do Conservatorio das Illas Baleares.

Despois de gañar o premio grammy, en Nigrán, Galicia ,onde reside na acualidad, impúxoselle a medalla de prata do pobo nunha emocionante cerimonia.

Durante os seus anos de estudo na “Royal Academy of Music” de Londres, gañou o premio Julian Bream dous anos consecutivos. Gañou numerosos concursos internacionais, entre os que cabe destacar o concurso de guitarra de Alacante, o concurso José Ramírez de Santiago de Compostela, o Andrés Segovia de Palma de Mallorca, o Concurso de guitarra de Benicasim, así como o premio Francisco Tárrega.

David Russell pasa a maior parte do ano de xira polo mundo, aparecendo regularmente en prestixiosas salas de importantes cidades, tales como Nova York, Londres, Tokio, Os Angeles, Madrid, Toronto ou Roma. O público de todo o mundo marabíllase da súa xenialidade musical e sente inspirado pola súa cativadora presenza no escenario. O seu amor polo instrumento ecoa a través da súa interpretación impoluta e aparentemente sen esforzo. A atención ao detalle e o seu suxestivo fraseo lírico, suxiren un entendemento innato do que cada compositor en particular tentou alcanzar, achegando a cada obra un sentido de aventura.

En maio de 2005 recibiu unha homenaxe do conservatorio de música de Vigo, culminando na apertura do novo auditorio, que agora leva o nome de “Auditorio David Russell”.

En 2009 foi nomeado “membro honorífico” de “Amigos da Guitarra” de Valencia, a sociedade de guitarra máis antiga de España.

A súa prolífica lista de gravacións inclúe dezasete CDs con Telarc International.

O New York Times escribiu sobre a súa actuación: “… O Sr. Russell fixo evidente a súa mestría, sen desviarse xamais dunha interpretación que coloca os valores musicais por encima da mera exhibición. Foi aparente para o público ao longo do recital que o Sr. Russell posúe un talento de extraordinaria dimensión.

Andrés Segovia escribiu despois de escoitalo en Londres: “As miñas felicitacións pola túa musicalidad e a túa técnica guitarrística”.

 

http://www.davidrussellguitar.com/

Programa

Próximamente