web 2021 gl 1 - Home
dammann - Home

Debido á situación creada polo COVID-19, o Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra inicia a súa andaina no 2021 (ao non poder levar a cabo a edición deste ano) co ánimo de ser un dos festivais de referencia no mundo da guitarra. Grandes estrelas, novas promesas, intérpretes de música antiga, dúos e cuartetos; daranse cita anualmente na Ribeira Sacra para dar concertos e impartir cursos de perfeccionamento e masterclasses.


Convidámosvos a acompañarnos nesta preciosa viaxe que comezará en Xuño de 2021 en Monforte de Lemos e gozar da maxia da Ribeira Sacra.

 

 

 

 

Ribeira Sacra

Podería definirse Ribeira Sacra coma un dos segredos mellor gardados da Galicia interior. Integran este destino un conxunto de vinteún concellos do sur da provincia de Lugo e o norte da provincia de Ourense, co curso fluvial dos ríos Miño, Sil e Cabe como elemento aglutinador.

A Ribeira Sacra ofrece unha ampla variedade de experiencias lúdicas e gastronómicas, e unha ampla gama de produtos locais de altísima calidade distinguidos con marcas de garantía da súa orixe.

Entrambosrios 1 - Home
Entrambosrios 3 2 - Home
SantiagodeCastillon 1 2 - Home
SantaCristina 3 1 - Home

Ladeiras escarpadas e bosques espesos atraen á Ribeira Sacra a comunidades monásticas, desde os comezos do cristianismo, en busca do retiro e vida ascética. Introducen novas técnicas de cultivo e elaboración de viño e inician unha gran expansión de civilización monásticas ao longo das beiras do Sil e do Miño, deixando pegadas patrimoniais ata hoxe.

Ao esplendor dos mosteiros únese o Camiño de Santiago, ao seu amparo fóronse estendendo as viñas e o viño comezou a cobrar unha importancia vital.

Hoxe en día a Ribeira Sacra atrae a miles de visitantes polo seu patrimonio, a súa gastronomía e os seus excelentes viños en busca do sabor da paisaxe.

Grazas especiais a Miguel Iglesias polas espectaculares fotos da Ribeira Sacra que nos proporcionou para a elaboración da web e de todo o material promocional que vaiamos preparando. Se vos gustan as súas fotos, pasarvos por:

https://www.flickr.com/photos/miki_iglesias/

https://www.instagram.com/amiek.iglesias/

sponsors 2021 6 - Home