Venres, 2 de xullo, 2021     Hora: a determinar

Bodega Rectoral de Amandi

Sober

Prezo: Entrada gratuita. Mediante Invitación.

Solicitar invitación en:

info@ribeirasacraguitarfestival.com

Marcos Díaz

marcos - Marcos Díaz

Recoñecido polo súa elegante musicalidade, mestría técnica e rigor estilístico, Marcos Díaz gañou eloxios entusiastas tanto do público como dos críticos en todo o mundo, consolidando unha reputación que lle sitúa entre os mellores guitarristas clásicos da súa xeración.

Finalizados os seus estudos musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, baixo a dirección do Mestre José Luis Rodrigo e onde obtivo o “Premio Extraordinario Fin de Carrera de Guitarra”, participa activamente en clases maxistrais cos máis prestixiosos intérpretes do panorama guitarrístico internacional como David Russell, Manuel Barrueco, Sergio & Odair Assad…

Galardoado co Primeiro Premio no I Concurso de Guitarra “Ciudad de Ourense”, Marcos Díaz inicia unha brillante traxectoria que o leva a participar como solista en importantes salas de concerto e algúns dos Festivais e Ciclos Internacionais de Guitarra máis renombrados de Europa e Estados Unidos: X Festival Internazionale della Chitarra Città dei Mottola (Italia), VII Festival Chitarristico Internazionale Friuli Venezia Giulia (Italia), X Festival Internacional “ Gitarre und Natur” (Alemaña), IX Festival Chitarristico Internazionale Luigi Legnani (Italia), XII John E. Marlow Guitar Series (USA), XIII Festival Internacional de Guitarra Santo Tirso (Portugal), IX Festival Internacional de Guitarra Ciudad de Elxe (España), A Guitarra California 2007 (USA), “Ciclo Internacional de Guitarra” Auditorio Ciudad de León (España), X Festival Internacional de Guitarra de Gliwice (Polonia) e IV Festival Internacional de Música de Compostela Via Stellae (España), entre outros.

Os seus catro CDs, editados polo selo discográfico Ópera tres, convertéronse en gravacións de referencia no mundo da guitarra. Estes rexistros inclúen: o seu debut discográfico con extraordinarias versións dalgunhas das composicións máis importantes de Dowland, Sor, Barrios e Rodrigo, as súas aclamadas transcricións das Seis Suites para violoncelo de J. S. Bach en dous volumes e os seus inéditos arranxos dalgunhas das sonatas de Domenico Scarlatti recollidas no seu último disco, obtendo en todos eles unha excelente acollida pola crítica internacional.

Máis aló dos seus compromisos de gravación, concertos e publicacións, Marcos Díaz é un moi solicitado mestre que inspirou a moitos novos valores da guitarra aos que lles transmite ilusión, coñecemento e paixón pola música.

 

https://www.marcosdiaz.com/

Programa

A determinar