Monforte - Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, é a sede principal do Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra 2021. É unha cidade que aglutina os servizos principais da zona: transportes, aloxamentos, espazos culturais, etc. Debido á situación xerada polo Covid-19, a Asociación de Guitarra de Monforte de Lemos decidiu centralizar toda a actividade académica e 6 dos 8 concertos na cidade para evitar desprazamentos dos participantes. En futuras edicións, e cando todo volva á normalidade, ampliaremos o noso radio de acción a outros espazos culturais da rexión.

monforte 4 - Monforte de Lemos

A poboación de Monforte rolda os 20.000 habitantes, é polo tanto un núcleo urbano acolledor e fácilmente abarcable para facer a pé, onde podes atopar todos os servizos que necesitas para gozar da túa estancia connosco. Monforte é cidade de néboas que ás veces cubren todo o val, deixando ver só o Castelo, cidade de agradables noites de verán para gozar en calquera terraza ou paseando á beira do río, cidade na que o río Cabe pode conxelarse no inverno, mentres que no verán as barcas asucan as súas augas cheas de grupos de amigos. Ademais Monforte é a historia do ferrocarril en Galicia (Sé de Muferga), o Monte de San Vicente (Castro Dactonio) dominando o val, os Escolapios (Colexio de Nosa Señora da Antiga) coñecido como o Escorial galego comandando a Compañía, un dos mellores museos de arte sacro da península (Museo das Clarisas), é viño e xente amable, é tradición e un pasado esplendoroso asociado a nomes como o VII Conde de Lemos ou o Cardeal Rodrigo de Castro.

monforte 1 - Monforte de Lemos

O nacemento de Monforte de Lemos está inevitablemente unido ao Castro Dactonio como o chamaban os romanos. Antes de Roma vivían no castro os Lemavos, “habitantes de terra fértil”. No século VIII trala destrución do castro polos musulmáns, aséntase nel a comunidade benedictina, mentres na ladeira do castro establecíase unha importante colonia xudea adicada ao comercio (Monforte forma parte da Rede Camiños de Sefarad. Na época medieval Monforte era un singular exemplo de cidade-fortaleza, construída ao redor dun mosteiro (hoxe Parador de Turismo) e un Castelo cunha muralla salpicada de torres defensivas, da que aínda se conservan importantes tramos. No século XV, os Castro acadan o Condado de Lemos a perpetuidade e nos séculos XVI e XVII Monforte vive unha das súas épocas douradas co VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro, Vicerrei de Nápoles e Presidente do Consello Supremo de Italia. O Conde foi tamén mecenas de grandes literatos como Cervantes, Lope de Vega e Góngora. O seu maior legado á cidade (xunto coa súa esposa Catalina de la Cerda e Sandoval) foi a doazón de arte sacro español e italiano, que hoxe conforma o Museo de Arte Sacro das Clarisas. O tío avó do VII Conde de Lemos, o Cardeal Rodrigo de Castro, deixaría o seu propio legado coa construción do Colexio Nosa Señora da Antiga que conta co impresionante retablo de Francisco de Moure na igrexa e a pinacoteca con obras do Greco e Andrea del Sarto.

RS Ntra.Senora de la Antigua Pinacoteca  - Monforte de Lemos
ponte monforte - Monforte de Lemos

Logo da invasion napoleónica, que en Monforte atopou resistencia a través da Xunta de Monforte, presidida polo abad de San Vicente, chega outra época dourada, o ferrocarril. En 1883 inaugúrase a liña férrea Madrid – A Coruña e a cidade convértese no nó ferroviario máis importante de Galicia e durante décadas é unha cidade florecente e moi activa cunha grande actividade política e sindical. Hoxe Monforte de Lemos é a segunda cidade máis grande da provincia trala capital, Lugo, e o lugar de referencia para coñecer Ribeira Sacra. O turismo e o sector servizos son, na actualidade, os principais activos da cidade.

DJI 0426 2 - Monforte de Lemos
RS Centro do Vino 2 - Monforte de Lemos

As actividades do Festival Internacional da Ribeira Sacra se levarán a cabo nos seguintes espazos culturais: Auditorio do Edificio Multiusos, Iglesia de San Vicente do Piñeiro e Casa da Cultura.

O Auditorio do Edificio Multiusos é o espazo cultural con máis capacidade da zona e o que acollerá os concertos e actividades académicas para os que esperamos máis asistencia.

unnamed 2 - Monforte de Lemos
unnamed 1 - Monforte de Lemos

A Igrexa do Mosteiro de San Vicente do Piñeiro é, sen dúbida, un dos edificios relixiosos máis bonitos da rexión e que, ademais, estreará unha rehabilitación integral nos próximos meses. Nesta igrexa celebraranse varios concertos e os cursos de música antiga.

122306320 3383571178364608 8677292004045859470 o 1 - Monforte de Lemos
122335711 3383570378364688 8951104335096992470 n - Monforte de Lemos

Esperamos que a vosa estancia en Monforte de Lemos sexa a primeira de moitas e que gocedes de todo o que a capital da Ribeira Sacra ten que ofrecer!

xacobeo redc positivo original 1 - Monforte de Lemos