Sábado, 3 de xullo, 2021     20:30

Igrexa de San Vicente do Pino

Monforte de Lemos

Prezo:

Paul O’Dette

paul 2 - Paul O'Dette

Paul O’Dette foi descrito como “o caso máis claro dun xenio tocando o seu instrumento” (Toronto Globe and Mail). Unha das figuras máis influentes no seu campo, O’Dette axudou a definir os fundamentos técnicos e estilísticos para os intérpretes de música antiga do século XXI. Nese percorrido, contribuíu a inculcar nos intérpretes a importancia de formarse como bos instrumentistas combinando a interpretación histórica, a precisión co idioma e a ambición na expresión persoal. Tocou nos Festivais Internacionais máis prestixiosos tales como Boston, Viena, Londres, París, Ámsterdam, Berlín, Múnic, Praga, Milán, Florencia, Xenebra, Madrid, Barcelona, Tokio, Moscova, San Petersburgo, Buenos Aires, Montevideo, Melbourne, Adelaida, Los Ángeles, Vancouver, Berkeley, Bath, Montpellier, Utrecht, Bruxas, Anveres, Bremen, Dresde, Innsbruck, Tenerife, Copenhague, Oslo, Córdoba, etc… Aínda que é máis coñecido polas súas interpretacións solistas de laúde, mantén unha interesante actividade internacional participando en ensembles liderados por solistas doutros instrumentos. É membro do aclamado conxunto de continuo Traxicomedia.

Realizou máis de 130 gravacións, recibindo cinco nomeamentos para os Grammy e numerosos premios internacionais. The Complete Lute Music of John Dowland foi galardoado co prestixioso Diapason D’ Or de l’ année, The Royal Lewters recibiu o Diapason D’ Or, o Choc du Monde da Musique, 5 estrelas en Goldberg e entrou no Top-10 de ClassicsToday. com. The Bacheler’ s Delight: Lute Music of Daniel Bacheler foi nomeado para un Grammy en 2006 como “a mellor gravación instrumental solista”.

Activo director de óperas barrocas. A gravación de Ariadne foi nomeada aos Grammy como “a mellor gravación de ópera de 2005”, Thésée foi nomeada na mesma categoría en 2007 e Psyché en 2008.

Ávido investigador, traballou cumpridamente nas fontes de interpretación da música italiana e inglesa do século XVII, tanto na música para laúde como o continuo. Publicou numerosos artigos sobre temas da práctica interpretativa histórica e é co-autor da entrada Dowland en elDiccionario Grove da música e os músicos. Foi galardoado co Guerriero dei Capestrano polo seu traballo na música de Marco dall’ Aquila.

É profesor de laúde e director de Early Music at the Eastman School of Music e director artístico do Boston Early Music Festival.

Programa

A determinar