xacobeo galicia color - Xacobeo 2021

ANO XACOBEO 2021 E OS ANOS XACOBEOS

 

O Ano Santo compostelán é un momento de grande importancia para un crente e o punto culminante de todo o que representa o propio Camiño de Santiago.

A súa orixe é baixomedieval e, dende entón, ano santo compostelán é aquel no que o 25 de xullo (festividade do apóstolo Santiago) cadra en domingo. Este feito sucede un total de 14 veces cada século.

O Xacobeo 2021 condensa a gran dinamización cultural, social e turística que se xera ao redor dun acontecemento desta magnitude, presentado como unha grande oportunidade para materializar e divulgar os nobres valores do Camiño de Santiago, ademais de impulsar o seu papel como factor rexenerador do territorio. Cómpre sinalar que o Ano Xacobeo 2021 está tipificado como un acontecemento de excepcional interese público.

O Ano Xubilar Compostelán ten unha duración de doce meses: inaugúrase o 31 de decembro do ano anterior coa apertura da Porta Santa e esténdese durante os doce meses seguintes. Este período representa unha oportunidade para a renovación e purificación espiritual.

wallpaperflare.com wallpaper - Xacobeo 2021

O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia dende a meseta, un acceso xa usado polos romanos. Pénsase que puido ser unha alternativa na época invernal á dura subida aos cumes nevados do Cebreiro.

Durante un percorrido de algo máis de 200 km, atravesa as catro provincias galegas e históricas comarcas, plenas de personalidade e atractivos, como as de Valdeorras, Ribeira Sacra ou Deza. O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia desde a meseta, un acceso xa usado polos romanos. Pénsase que puido xurdir como alternativa, na época invernal, á dura subida aos cumes nevados do Cebreiro, por onde penetra en Galicia o Camiño Francés, e tamén para evitar os desbordamentos frecuentes dos ríos do val do Valcarce.

Arrinca desde Ponferrada, a antesala das terras galegas, na comarca leonesa do Bierzo. Aquí o peregrino desvíase á esquerda, no canto de continuar de fronte polo Camiño Francés. O Camiño de Inverno segue practicamente o curso natural do caudaloso río Sil pola comarca ourensá de Valdeorras. Logo discorre polo sur da provincia de Lugo, continúa pola comarca do Deza (Pontevedra), ata chegar a Compostela. En total, algo menos de 250 quilómetros polas catro provincias galegas.

las medulas 01 1920x1080 tcm 3153 2027839 - Xacobeo 2021

Os historiadores sitúan a orixe desta ruta na época romana. Está documentada unha calzada secundaria que partía das explotacións de ouro das Médulas cara á Vía XVIII, que pasaba pola comarca de Valdeorras, e por onde se evacuaban os xacementos auríferos. O túnel romano de Montefurado é hoxe proba diso.

A ruta foi seguida por diferentes pobos ao longo da historia. Tamén lles serviu de entrada, a comezos do século XIX, ás tropas invasoras de Napoleón. E por ela construíuse, en 1883, o primeiro trazado do ferrocarril que comunicaría Galicia co resto da Península.

O Camiño de Inverno atrae por múltiples razóns. Parte das Médulas son Patrimonio da Humanidade. Atravesa comarcas como a de Valdeorras ou parte da Ribeira Sacra, territorios de excelentes viños, cultivados moitas veces en paisaxes inverosímiles, e zonas onde o románico se multiplicou en igrexas e mosteiros. En 2003, a Ribeira Sacra foi incorporada polo Consello de Europa aos seus Itinerarios de Interese.

Visita o rico patrimonio monumental de Monforte de Lemos, ou as adegas e a arquitectura tradicional de Chantada. Sobe ata o alto do Faro, desde onde se divisan paisaxes das catro provincias galegas.

En Lalín conflúe coa Vía da Prata, para continuaren xuntos ata Compostela. En total, nove etapas onde o acougo que preside esta ruta alternativa, pouco transitada, é un dos seus principais alicientes.

mapa general 17 - Xacobeo 2021
5054379 - Xacobeo 2021
RS StoEstevo de Ribas de Mino - Xacobeo 2021